Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 2 de decembro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística dos establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Café Bar Domingo.

Titular: Carmen Tomé Barreiro.

Enderezo: rúa Pintor Seijo Rubio, 1.

Concello: Betanzos.

Establecemento: Café Bar Rosmeuri.

Titular: Juan Sampedro Vidal.

Enderezo: Vao, 16.

Concello: Boiro.

Establecemento: Café Bar Roosmedre.

Titular: Juan Sampedro Mida.

Enderezo: Vao.

Concello: Boiro.

Establecemento: Café Bar Villa de Cedeira.

Titular: Andrés Couceiro Allegue.

Enderezo: rúa Sol, 75.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café Bar Enrique.

Titular: Elisa Lires Sánchez.

Enderezo: José María del Río, 94-A.

Concello: Muxía.

Establecemento: Café Bar O Delfín.

Titular: Mª Pilar Muiño Varela.

Enderezo: Malecón.

Concello: Muxía.

Establecemento: Café Bar Demetrio.

Titular: María Lema Soneira.

Enderezo: rúa Real, 54.

Concello: Muxía.

Establecemento: Café Bar Calzada.

Titular: Joaquín Martínez Bentín.

Enderezo: Paseo del Malecón.

Concello: Muxía.