Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48388

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 3 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 18 de outubro de 2013 (DOG nº 215, do 11 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/a funcionario/a que se expresa no anexo desta orde, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola orde desta consellería do 18 de outubro de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a funcionario/a está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esa consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999,
do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Martínez Barral, Juan Manuel.

NRP: 3331938146 A2063.

Grupo: A/A1.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia. Escala de enxeñeiros agrónomos.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Coordinación e Seguimento do PDR.

Código: MR.201.00.006.15770.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.