Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición para que se declare urxente a ocupación temporal dos bens e dereitos precisos para a continuidade dos traballos de investigación do permiso que se cita.

De acordo co disposto no artigo 104 da Lei de minas, do 21 de xullo de 1973, e 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e para os efectos previstos no artigo 56 do regulamento executivo, sométese a información pública a solicitude efectuada por Minor Galicia, S.L. para que se declare urxente a ocupación temporal dos bens e dereitos precisos para a continuidade dos traballos de investigación do permiso de investigación Xesteira 2.2 nº 5096.2.2, da que é titular, e que se sitúa nos concellos de Cualedro e Monterrei (Ourense).

Publícase como anexo desta resolución a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación.

O que se fai público de conformidade co previsto no punto 2 do artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa. Calquera persoa, dentro dos quince días seguintes á publicación desta resolución, e os interesados no mesmo prazo contado desde o día seguinte a notificación que se lles fará, poderán achegar por escrito os datos que consideren oportunos para rectificar posibles erros na relación de bens e propietarios afectados, presentando por triplicado as alegacións que consideren oportunas nas oficinas desta xefatura territorial, sita en Curros Enríquez, 1, 4º, 32003 Ourense.

Ourense, 16 de setembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
Alfonso T. Paz Doniz
Xefe de Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Propietario: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia da Xironda.

A superficie que van ocupar as sondaxes, incluída a zona de paso da maquinaria, ascende a 33.169 m2, delimitada pola poligonal definida con anterioridade.

Os puntos de localización das (5) sondaxes identifícanse polas seguintes coordenadas:

Sondaxe

Coordenadas UTM

X Y

Termo municipal

1

614.889,63 4.640.756,58

Cualedro

2

614.908,55 4.640.723,98

Cualedro

3

614.856,06 4.640.686,02

Cualedro

4

614.911,73 4.640.678,70

Cualedro

5

614.990,52 4.640.655,33

Cualedro