Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1356/2012).

Demandante: María Teresa Sánchez Gómez.

Avogado: Fernando José Méndez Sanjurjo.

Demandados: Grupo Lindega Asociados, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Servicio Lider Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L., María Jesús Taboada Novo y Otra, S.L. Limpiezas La Cristalina.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1356/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Sánchez Gómez contra a empresa Grupo Lindega Asociados, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Servicio Lider Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L., María Jesús Taboada Novo y Otra, S.L., Limpiezas La Cristalina, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Teresa Sánchez Gómez contra Grupo Lindega Asociados, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Grupo Lindega Asociados, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 1.902,54 euros brutos por salarios devindicados nos meses de setembro e outubro de 2012, incrementados co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Teresa Sánchez Gómez contra a empresa Servicio Lider Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L. e María Jesús Taboada Novo y Otra, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto, sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás empresas Grupo Lindega Asociados, S.L. e Servicio Lider Coordinado, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

A secretaria xudicial