Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48277

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (206/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de casación para unificación de doutrina 206/2012, dimanante do recurso de suplicación 1025/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña nos seus autos 740/2009, seguidos por instancia de Pablo Rey Pazos contra Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U. e Recoletos Grupo de Comunicación, S.A. sobre despedimento, o Tribunal Supremo ditou auto, con data do 17.9.2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A Sala acorda:

Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Alejandra Rodríguez Arranz, en nome e representación de Pablo Rey Pazos, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de xuño de 2012, no recurso de suplicación número 1025/2012, interposto por Pablo Rey Pazos, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 20 de outubro de 2011, no procedemento nº 740/2009, seguido por instancia de Pablo Rey Pazos contra Unidad Editorial Información Deportiva, S.L.U. e Recoletos Grupo de Comunicación, S.A. sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos.»

E para que sirva de notificación en forma a Recoletos Grupo de Comunicación, S.A., expido este edicto.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

A secretaria xudicial