Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2010/514-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 13 de outubro de 2013.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante esta Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Cultural Pen Clube.

Enderezo: Casa da Parra, 3, praza da Quintana, 15704 Santiago de Compostela.

Nº expte.: TR352A 2010/514-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 11 de setembro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2.a) da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que cómpre reintegrar: 11.553,00 €.