Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48202

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, polo que se dá publicidade aos acordos adoptados en execución da Sentenza do 29 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no recurso tramitado como procedemento abreviado 41/2011, do 3 de xullo.

Na sesión que tivo lugar o día 4 de decembro de 2013, o tribunal designado pola Orde do 21 de xaneiro de 2013 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, o 29 de decembro de 2011, no recurso tramitado como procedemento abreviado número 41/2011, do 3 de xullo,

ACORDOU:

Primeiro. En execución da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela o 29 de decembro de 2011 no recurso tramitado como procedemento abreviado número 41/2011, aclarada mediante Auto do 29 de xullo de 2013, ditado no incidente de execución 38/2013, acordouse publicar como anexo a esta resolución a puntuación obtida pola aspirante, que superou o proceso selectivo, con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa base IV, a aspirante dispón dun prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución para presentar a documentación prevista na epígrafe IV.2 da citada base.

Segundo. Elevar o anterior ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que a aspirante que figura no anexo sexa proposta para o seu nomeamento como funcionaria de carreira.

Contra esta resolución, a interesada poderá interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

José Antonio Redondo López
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Nota 1º ex.

Nota 2º ex.

Nota 3º ex.

Puntuación fase oposición

Cota discapacitados

Puntuación fase concurso

Puntuación total

33

76713019S

Rivero Fernández, Felisa

16

14

Exenta

30

N

10,285

40,285