Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre instalación e apertura dun almacén de pinturas envasadas á auga no parque empresarial de Alvedro.

Sistemas de Barnizado, S.L.N.E. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun almacén de pinturas envasadas á auga, nunha nave situada na rúa I, parcela I-5, do parque empresarial de Alvedro, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 19 de novembro de 2013.

P.D. (Resolución do 22.6.2011, BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo