Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48140

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de construción en San Roque (Traba).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Instalaciones Gonzarey, S.L. a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da construción dedicada a carpintaría metálica na avenida Erbecedo, 102, San Roque (Traba), 15147 Coristanco (A Coruña), de acordo co proxecto presentado de recoñecemento de actividade para carpintaría metálica. En cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalguna maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pódese consultar nas horas de oficina.

Coristanco, 5 de novembro de 2013

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde