Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47850

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 180/2013, do 12 de decembro, polo que se dispón o cesamento de Manuel Barros Rivadulla como delegado da Xunta de Galicia en Montevideo (República Oriental do Uruguai) e se designa o seu suplente.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; no artigo 4 do Decreto 224/2006, do 30 de novembro, polo que se regulan as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, e no artigo 12 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

1. O cesamento, por petición propia, de Manuel Barros Rivadulla como delegado da Xunta de Galicia en Montevideo (República Oriental do Uruguai), agradecéndolle os servizos prestados.

2. Mentres non se proceda ao nomeamento dun novo delegado da Xunta de Galicia en Montevideo (República Oriental do Uruguai), desígnase como suplente o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) para o exercicio das competencias atribuídas a aquel no Decreto 257/2008, do 23 de outubro, polo que se crea a Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo e se desenvolve a súa estrutura orgánica e funcións.

Santiago de Compostela, doce de decembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza