Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47980

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2013 pola que se fai pública a orde de execución de encomenda de xestión para a execución de obras do local multiúsos, almacén e base técnico-operativa no edificio da confraría de pescadores do porto de Celeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización da seguinte encomenda de xestión para a execución da dita obra:

• Obras do local multiúsos, almacén e base técnico-operativa no edificio da confraría de pescadores do porto de Celeiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

a) Descrición do obxecto: obras do local multiúsos, almacén e base técnico-operativa no edificio da confraría de pescadores do porto de Celeiro.

3. Valor estimado da encomenda.

123.913,34 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 28 de novembro de 2013.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

4. Prazo de execución.

a) Dous meses (2).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia