Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre instalación de marquesiña para almacén de produtos agrícolas e gandeiros.

Álvaro Blanco García solicitou licenza municipal para proceder á instalación de marquesiña para almacén de produtos agricolas e gandeiros na rúa O Coballo, número 27, segundo o proxecto redactado polos arquitectos Daniel Rodríguez e José Martínez. En cumprimento do disposto polo artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte días, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Rúa, 21 de novembro de 2013

Avelino García Ferradal
Alcalde