Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da addenda nº 11 ao inventario de camiños municipal.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 28 de outubro de 2013, aprobou inicialmente a addenda nº 11 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º. Aprobar inicialmente a addenda ao inventario de camiños municipais nº 11/2013 en núcleos rurais, redactado por Lagares Enxeñería, S.L. co seguinte contido:

– Ampliación do trazado do camiño nº 208 na Pontenova-Atios.

– Modificicación de parte do trazado do camiño nº 226 na Relva-Torneiros».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 6 de novembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde