Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47794

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (611/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 611/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Rodríguez Rodríguez contra Suministros Pampín, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando a demanda presentada por José Rodríguez Rodríguez, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra a empresa Suministros Pampín, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de seis mil setecentos sesenta e catro euros con dez céntimos (6.764,10), máis os xuros legais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que lle sirva de notificación en forma a Suministros Pampín, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 21 de novembro de 2013

O secretario xudicial