Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47792

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1086/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1086/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Antonio Seoane Sobrino contra a empresa Jorge Jesús García Souto e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimo a demanda formulada por Manuel Seoane Sobrino contra a empresa García Souto, Jorge Jesús, e condénoa a lle aboar á parte demandante a cantidade de 4.959,67 euros en concepto de principal e 476,53 euros en concepto de xuros de mora.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 1086 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1086 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para sirva de notificación en legal forma á empresa Jorge Jesús García Souto, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

O secretario xudicial