Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (796/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 796/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Romero Otero contra a empresa Pinturas Lume, S.L., Fogasa, Administración concursal Lume, S.L., Lume, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 667/2013.

Autos 796/2011.

A Coruña, 20 de novembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 796/2011, seguidos por instancia de Ángel Romero Otero, representado polo letrado Sr. Andrade Figueiras, fronte á empresa Lume, S.L., con intervención da Administración concursal da empresa e do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade formulou Ángel Romero Otero fronte á empresa Lume, S.L., con intervención procesual do Fogasa e da Administración concursal da empresa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 8.676,08 euros, que se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución.

Modo de impugnación: advírtese as partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, co número 1532 0000 36 0796 11, debendo indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario ao primeiro requirimento indefinido por tal cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pinturas Lume, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañon
Secretaria xudicial