Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47694

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 179/2013, do 28 de novembro, polo que se dispón a substitución de dous membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de ANPA (Confapa Galicia) e pola Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e oito de novembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación de pais e nais de alumnos, proposto polas confederacións das asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

Elvira Lombao Vila (Confederación Galega de ANPA de centros públicos -Confapa Galicia).

b) En representación do profesorado, proposto polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

David Mazaira Fernández (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Artigo 2

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia:

a) En representación de pais e nais de alumnos, proposto polas confederacións das asociacións de pais e nais de alumnos en proporción á súa representatividade:

Alberto Pita Castelo (Confederación Galega de ANPA de centros públicos -Confapa Galicia).

b) En representación do profesorado, proposto polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

José Luis Fernández Díaz (Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

Artigo 3

O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que desempeñan.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de novembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria