Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47748

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de decembro de 2013 que modifica a Orde do 5 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro) pola que se resolve o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, convocado pola Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro).

Pola Orde do 5 de decembro de 2008 (DOG do 10 de decembro) resolveuse o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, convocado pola Orde do 10 de novembro de 2007 (DOG do 15 de novembro).

Contra a orde de convocatoria presentouse recurso contencioso-administrativo.

En execución da sentenza do 5 de setembro de 2012, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de apelación 734/2010,

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar que Antonio Veloso Álvarez, con DNI 34596641-H superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 10 de novembro de 2007 (DOG do 15 de novembro) para acceso ao corpo de catedráticos de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, pola quenda de discapacitados.

Segundo. O nomeamento como funcionario do corpo de catedráticos de ensino secundario, especialidade de orientación educativa, terá efectos administrativos e económicos con data do 1 de xaneiro de 2014.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria