Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 188/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT rúa Poeta Pérez Paralle.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, con orixe na LMTS Penas-Guntín I (SMR-701), entre o CT Rosendo e o CT Urbanización Amboage nº 2, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV. 3(1×240 Al), e final no CT rúa Poeta Pérez Parallle proxectado.

– Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña