Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 186/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I ao proxecto de LMTS, CT, RBT Lagoa-Angados (expediente nº 604/07).

Situación: concello de Boiro.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada de CT Pedra da Bouza (expediente 136/05) ao CT Lagoa-Angados (proxectado) a 20 kV, cunha lonxitude de 1,032 km, con orixe en cela libre do CT Pedra da Bouza (expediente 136/05), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final no CT Lagoa-Angados (proxectado).

– Liña de media tensión soterrada de CT Lagoa-Angados (proxectado) ao CS Angados (expediente 15.230) a 20 kV, cunha lonxitude de 1,627 km, con orixe no CT Lagoa-Angados (proxectado), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en cela nova que se vai instalar no CS Angados.

– Centro de transformación prefabricado Lagoa-Angados, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000-230 kV.

– Rede de baixa tensión soterrada do CT Lagoa-Angados, cunha lonxitude de 0,333 km, con orixe no CT Lagoa-Angados proxectado, condutor tipo XZ1.

– Rede de baixa tensión aérea do CT Lagoa-Angados, cunha lonxitude de 0,196 km, con orixe nos circuítos nº 1 e nº 2 en apoios existentes e o circuíto nº 3 en apoio proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña