Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (141/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 141/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Paulos Taveira contra os empresarios María del Carmen Roo Blanco e Constantino Miguéns Teijeiro, sobre ordinario, se ditou Decreto 532/2013, do 5 de novembro, declarado firme no día de hoxe, polo cal se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, dos executados María del Carmen Roo Blanco (DNI 33205212C) e Constatino Miguéns Teijeiro (DNI 33208579Y) pola suma de 22.551,13 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei de xurisdición social.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial