Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 11 de xullo de 2013, pronunciou a sentenza número 592/2013, ditada no procedemento ordinario 4134/2011, interposto pola Xunta de Galicia, sentenza que, na súa parte dispositiva, literalmente di:
«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Xunta de Galicia en relación co acordo do Concello de Oleiros do 25 de novembro de 2010 de corrección de erros observados no “Catálogo de elementos que se deben protexer ou recuperar” documento que forma parte do PXOM de Oleiros, aprobado definitivamente e parcialmente por Orde do 11 de marzo de 2009, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte; e declaramos que o acto administrativo recorrido non é conforme a dereito, e anulámola; sen imposición das custas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo