Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de decembro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 236/2013 no expediente de reposición da legalidade IU1/129/2012, por ignorarse o lugar da súa notificación.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol en relación co procedemento ordinario 236/2013, interposto por Iván Salazar Monteiro, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade IU1/129/2012, polo que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar da Vacariza, parroquia de Trasancos, concello de Narón, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázanse os herdeiros de García SS para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística