Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Pola Orde do 14 de maio de 2010 (DOG núm. 94, do 20 de maio) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 14 de maio de 2010, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 14.15 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde obtida no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión do permiso de conducir B deberán presentar o orixinal ou copia compulsada no acto de elección de destino.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representadas, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso, a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/a responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición coa que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

anexo

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

MAK010000015770021

26

A1

Especial (escala de inspección urbanística)

Inspector/a urbanístico/a

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

D.X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

Arquitectura, lic. dereito

Permiso conducir B (R.I.).

2

MAK010000015770022

3

MAK010000015770023

4

MAK010000015770026

Lic. dereito

5

MAK010000015770027

6

MAK010000015770028

7

MAK010000015770029

8

MAK010000015770030

9

MAK010000015770031

10

MAK010000015770032

11

MAK010000015770033

12

MAK010000015770034

13

MAK010000015770035

14

MAK010000015770036

15

MAK010000015770037

Arquitectura

Permiso conducir B (R.I.).

16

MAK010000015770038