Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47528

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Pola Orde do 16 de xullo de 2009 (DOG núm. 142, do 22 de xullo) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 16 de xullo de 2009, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 13.45 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/

escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

ED3010000115770036

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

S. X. da Biblioteca Nacional de Galicia

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

 

2

ED3010000115770037

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

S. X. da Biblioteca Nacional de Galicia

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

 

3

ED3010000115770038

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

S. X. da Biblioteca Nacional de Galicia

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

 

4

ED3010000115770065

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

S. X. de Creación e Difusión Cultural

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

5

EDC995010115770008

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

6

EDC995010115770009

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

7

EDC995010115770011

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

8

EDC995010115770012

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

9

EDC995010115770013

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

10

EDC995010127001007

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca Lugo

Lugo

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

11

EDC995010132001009

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a de bibliotecas

ED

Servizos periféricos

Biblioteca Ourense

Ourense

 

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

12

EDC995010136001009

16

A2

Especial

Técnico medio bibliotecas

CU

Servizos periféricos

Biblioteca Pontevedra

Pontevedra

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

13

EDC995030127001013

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a de bibliotecas

ED

Servizos periféricos

Arquivo Lugo

Lugo

 

Axudante seccción bibliotecas (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

14

MRC994020136600045

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a bibliotecas

PE

Servizos periféricos

Centro de Investigacións Mariñas Corón

-Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa

Coñecementos inglés (mérito)., axudante seccción bibliotecas (R.I.).