Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47505

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención das drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 22 de xullo de 2013 aprobáronse as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevencion das drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia

De conformidade co artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como co especificado no artigo 15 da citada Orde do 22 de xullo de 2013 da Consellería de Sanidade (DOG nº 144, do 30 de xullo) pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención das drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia, nos termos que se fixen regulamentariamente, as subvencións outorgadas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen: o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Así mesmo, o artigo 13 da citada orde establece que examinadas pola comisión de valoración constituída para o efecto as solicitudes presentadas, o órgano instrutor emitirá informe coa puntuación acadada por cada unha delas e este, pola súa vez, en cumprimento do artigo 14.1, elevará proposta definitiva á persoa titular da Consellería de Sanidade que, de conformidade co artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, ditará a resolución definitiva. Esta resolución foi ditada pola conselleira de Sanidade o 9 de decembro de 2013, por proposta da titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único. Ordenar a publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención das drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia, así como daquelas subvencións non concedidas ou das solicitudes desestimadas, que se relacionan no anexo desta orde, con expresión das contías e nome dos beneficiarios e os motivos que deron lugar á súa non concesión ou desestimación.

Finalidade das subvencións: axudas ao desenvolvemento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas, nos ámbitos escolar, familiar, xuvenil e outros, recollidos na carteira de servizos en materia de prevención das drogodependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e de proxectos de prevención indicada dirixida á redución de riscos e diminución de danos en drogodependentes en situación de emerxencia social.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO
Aplicación orzamentaria: 1002.413A.481.1

Clase

Proxecto

Cód. exp.

Entidade
solicitante

CIF

Puntuación

Solicitude

Motivo

Contía subvención

%
concedido sobre solicitude

1

Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais ou agrupacións de concellos cunha poboación => 50.001 habitantes

SA463F/2013/1C 01

Adafad

G15487838

70,76

Concedida

26.262,95

60,01 %

SA463F/2013/1C 02

Alborada

G36624963

Desestimada

Incumpre o art. 4.1.a)

SA463F/2013/1C 03

Asfedro

G15072010

69,82

Concedida

25.914,07

64,95 %

SA463F/2013/1C 04

Madro

G36750651

62,30

Concedida

23.122,98

52,20 %

SA463F/2013/1C 05

Asoc. Gallega de Jugadores Anónimos

G15258213

Desestimada

Incumpre o art. 1 e 4

2

Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais ou agrupacións de concellos cunha
poboación => 10.001 hab.
e < 50.000 habitantes

SA463F/2013/2C 01

Avante

G36144707

64,39

Concedida

30.000,00

100 %

SA463F/2013/2C 02

Érguete Baixo Miño

G36124279

68,67

Concedida

40.868,14

46,77 %

SA463F/2013/2C 03

Neria

G15388051

Desestimada

Incumpre o art. 11.1.e)

SA463F/2013/2C 04

Renacer

G15281611

66,78

Concedida

39.821,86

64,56 %

3

Plans comunitarios

SA463F/2013/3C 01

Distrito 5º

G15413727

66,60

Concedida

32.051,44

53,55 %

SA463F/2013/3C 02

A. VV. Pol. Vite

G15228661

67,96

Concedida

32.703,81

40,88 %

SA463F/2013/3C 03

Plan Com. Teis

G36791960

60,94

Concedida

29.329,69

72,13 %

SA463F/2013/3C 04

Rexurdir

G36046241

67,36

Concedida

32.415,06

48,46 %

4

Proxectos dirixidos a comunidades étnicas con especial risco

SA463F/2012/4C 01

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

68,15

Concedida

26.352,00

100 %

5

Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva nun programa de intervención precoz de drogodependentes en situación de emerxencia social

SA463F/2013/5C 01

Fund. Érguete Integración

G36861078

56,42

Concedida

116.744,00

73,46 %

SA463F/2013/5C 02

Comité Antisida Ourense

G32169609

Desestimada

Incumpre o art. 7.1 e 8.e)

SA463F/2013/5C 03

Médicos del Mundo

G79408852

Desestimada

Incumpre o art. 7.1 e 8.e)

SA463F/2013/5C 04

Lazos Prosolidariedade Ferrol

G15546021

Desestimada

Incumpre o art. 7.1 e 8.e)

SA463F/2013/5C 05

Comité Ciudadano Antisida de A Coruña (Casco)

V15279219

Desestimada

Incumpre o art. 7.1 e 8.e)

455.586,00 €