Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do Plan parcial S-80-R-Macal.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 11 de outubro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial do sector S-80-R Macal, redactado por iniciativa municipal polos arquitectos, Fco. Javier Alonso Davila e Antonio Hernández Crespo e Urbes Gestión del Suelo, S.L., e datado en decembro de 2010 Versión corrixida.

Segundo. Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia. Durante este prazo solicitaranse os informes sectoriais preceptivos.

Terceiro. Acordar, consonte o artigo 77.2 da LOUGA, a suspensión de licenzas no ámbito afectado en que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que este se conforma polo ámbito delimitado no plan parcial inicialmente aprobado e, singularmente, se reflicte nos planos I.6.1 e I.6.2 (escala 1:1.000) que serán, así mesmo, obxecto da publicación referida no punto segundo deste acordo.

Cuarto. Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan parcial do sector S-80-R Macal, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Notificar o presente acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no catastro coa indicación expresa de que, ao tratarse dun mero acto de trámite, non é susceptible de recurso administrativo».

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, Praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 14 de novembro de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo