Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza (13/0214SU).

Combustibles del Noroeste, S.A. solicitou licenza de construción de nave industrial e licenza de actividade de área de servizo (estación de servizo, taller e restaurante) que se situará no cuarteirón M5A, SUA 9, parque empresarial terciario Porto do Molle, Nigrán (expediente 13/0214SU).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 21 de outubro de 2013

Alberto Valverde Pérez
Alcalde