Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de construcións na Rabadeira (Seavia).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase, por instacia de Manuel Cives Velo a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da construción dedicada a local industrial (planta semisoto e planta baixa) dedicado a exposición de produtos de fontanaría e almacén industrial (planta baixa) dedicado a almacén de fontanaría na Rabadeira, 1, Seavia, 15147 Coristanco (A Coruña), de acordo co proxecto presentado de recoñecemento de actividade para local industrial (planta semisoto e planta baixa) dedicado a exposición de produtos de fontanaría e almacén industrial (planta baixa) dedicado a alamacén de fontanaría. En cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pódese consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 5 de novembro de 2013

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde