Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos de diversos centros desta xerencia, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (AB-EIC1-13-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeral Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 3.2.2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos de diversos centros da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: a presente contratación non será obxecto de prórroga.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 09.31.00.00-5, 09.12.21.00-1, 09.12.30.00-7, 09.13.40.00-7, 34.91.30.00-0 e 50.53.00.00-9.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 24.917.752,00 euros.

b) IVA: 5.232.728,00 euros.

c) Importe con IVE: 30.150.480,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 3.2.2014.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2) Domicilio: Paseo Xeral Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda, edificio antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo Xeral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: _.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.12.2013.

A Coruña, 14 de novembro de 2013

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña