Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47419

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Cambados

EDICTO (626/2010).

Julio Manuel González Muñoz, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, por medio do presente anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Juan Francisco Otero Rey fronte a Tear 4 Diseno-Promoción, S.L. ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 Cambados.

Sentenza: 62/2012.

Xuíz que a dita: Jorge Hernández García.

Lugar: Cambados.

Data: 4 de xuño de 2012.

Demandante: Francisco Otero Lamelas.

Avogado: Guillermo Lariño Noya.

Procurador: Jesús Martínez Melón.

Demandado: Tear 4 Diseno-Promoción, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 626/2010.

Obxecto: reparación de danos.

Ditame.

Que debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por Francisco Otero Lamelas e debo condenar e condeno a Tear 4 Diseno-Promoción, S.L. a reparar os danos causados no inmoble sito en Fonte de Ons, 1º A, Noalla (Pontevedra) descritos no punto quinto do informe do perito xudicial incorporado neste procedemento, elaborado por Francisco Trigo Durán, na forma descrita no punto sétimo (resposta segunda) dese mesmo informe.

Que debo condenar e condeno a Tear 4 Diseno-Promoción, S.L. ao pagamento das custas procesuais.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación, que se deberá interpor no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo independente.

O depósito deberao constituír ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 0409 0000 02 0080 11, indicando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicarase, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

O xuíz».

E encontrándose o citado demandado, Tear 4 Diseno-Promoción, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 8 de xullo de 2013

O secretario xudicial