Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade á convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal Louseiras, situado en Canedo, no concello de Lourenzá.

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal Louseiras, situado no barrio de Canedo, no concello de Lourenzá, que terá lugar o día 10 de xaneiro de 2014 no Salón de Actos do Concello de Lourenzá ás 20.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 21.00 horas, en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día:

1. Acordo de constitución da xunta xestora e aprobación de estatutos.

2. Elección dos membros integrantes da xunta xestora.

3. Solicitude de modificación catastral.

4. Rogos e preguntas.

A información relativa á dita asemblea estará dispoñible, para consulta, nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá (relación de partícipes do monte Louseiras, documentación acreditativa da natureza xurídica do dito monte, modelo de estatutos, modelo de presentación de candidaturas).

Presentación de candidaturas para a constitución da xunta xestora:

Prazo: ata o 8 de xaneiro de 2014.

Lugar de presentación: oficinas municipais do Concello de Lourenzá (Lugo).

De conformidade co establcedio no artigo 45.5 da citada Lei 7/2012, a xunta xestora estará composta por un número impar de persoas, todas elas propietarias, cun mínimo de tres e un máximo de sete.

Lugo, 3 de decembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo