Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 26 de novembro de 2013, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia nas citacións 27R001/558/2013, 27R001/745/2013, 27L004/54/2013 e 27L006/535/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte o da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na ronda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 26 de novembro de 2013

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27R001/558/2013, 27R001/745/2013, 27L004/54/2013 e 27L006/535/2012.

Interesada: Instalaciones Sogas, S.L.

NIF: B70334388.

Acto notificado: segunda citación.