Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47393

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de decembro de 2013 pola que se modifica a do 29 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición no proceso selectivo convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de abril) de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estimado o recurso de alzada interposto por Pilar Campos Trabazo en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 29 de xullo de 2013 (DOG do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición no proceso selectivo convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril) de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, incluíndo nesa relación a:

Especialidade

Quenda

NIF

Apelidos e nome

Puntos
oposición

Puntos
concurso

Concurso-oposición

Idioma estranxeiro: inglés

L

76818817J

Campos Trabazo, Pilar

6,7200

6,0000

6,4800

Debe incluírse na lista desta especialidade e colocarase a continuación de Rivera Rodríguez, Martiño (DNI 44090521G)

Segundo. O disposto no punto anterior supón a modificación do número de orde da lista de aprobadas/os nesta especialidade que figuraban na Orde do 29 de xullo de 2013 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro. A opositora relacionada no punto primeiro da presente orde é nomeada funcionaria en prácticas con efectividade administrativa do 1 de setembro de 2013 e económica do día da toma de posesión no seu destino.

Cuarto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento deste orde.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria