Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de desistencia (expediente Carballa nº 2886).

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou a resolución de desistencia que se relacionan no anexo.

Intentada a notificación da dita resolución, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselle ao interesado o contido da resolución para que poida ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírtese ao interesado que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderá interpoñer contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que considere oportuno.

Así mesmo, terá dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 20 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Solicitante

Enderezo

Concello

Resolución

Carballa nº 2886

Granitos San José, S.L.

(CIF B36835429)

Valboa, s/n, Arnois

A Estrada

Desistencia