Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monterroso (expediente IN407A 2013/33-2, 8117 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS, CT Lugo 0038

Situación: concello de Monterroso.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña PAL807 o CT proxectado entre o CT r/ Nova (27CR03 ) e o CT Campo Feira (27SP31), cunha lonxitude de 154 metros, en condutor RHZ1-240.

– CT en avenida de Lugo 38, en edificio non prefabricado tipo compacto 2L/1P, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo