Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/137).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: LMTS Travesas-Cabreira e os CT, fase I.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm2 Al, cunha lonxitude de 954 m, con orixe en cela de liña para instalar no CT Travesas II existente (expediente IN407A 2007/524) e final en novo CT Cabreira proxectado, sendo os primeiros 81 m en canalización existente na LMT e CT As Travesas II (expediente IN407A 2007/524).

Centro de transformación prefabricado (CT) Cabreira, cun transformador de potencia 160 kVA e relación de transformación 20/0,4-0,230 kV, e unha cela de liña e outra de protección de transformador.

Rede de baixa tensión soterrada, composta por dous circuítos con condutor RV 0,6/1 kV 4×(1×240 mm2) Al, cunha lonxitude de 309 m (liña Cabreira) e 304 m (liña Cabreira-Travesas), con orixe no CT proxectado que discorre pola canalización proxectada, salvo 170 m de nova canalización para a liña de baixa tensión Cabreira, e final nos puntos de entroncamento coas liñas aéreas existentes mediante pasos aerosubterráneos en apoios existentes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña