Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación para a subministración de pensos e determinados alimentos para a manutención dos animais de Vigo-Zoo.

1. Entidade que adxudica. Organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Expediente: 5212-12.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración de pensos e determinados alimentos para a manutención dos animais de Vigo-Zoo.

Lugar de subministración: instalacións do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

3. Prazo de execución: dous anos máis unha prórroga dun ano.

4. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

5. Orzamento base: 62.341,84 euros, IVE incluído e por dous anos.

6. Garantías provisionais: non se exixen.

7. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante), teléfono: 986 26 77 83-84. Fax: 986 27 31 87.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: as exixidas nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, monte da Madroa, s/n, 36316 Teis, Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 21 de novembro de 2013

(Decreto de delegación do alcalde presidente
do Concello de Vigo, do 13 de xuño de 2012)
Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo