Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46912

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confecciones La Pedreira, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de aprobación do balance final de liquidación e proxecto de distribución do activo.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que en asemblea xeneral extraordinaria, que tivo lugar o 30 de setembro de 2013, acordouse por unanimidade a liquidación de Confecciones La Pedreira, S. Coop. Galega, en liquidación, co seguinte balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo:

Efectivo e outros activos líquidos: 2.929,54 €.

Total activo: 2.929,54 €.

Capital cooperativo: 11.507,01 €.

Resultados negat. exerc. anteriores: -3.410,07 €.

Resultado do exercicio: -5.167,40 €.

Total pasivo: 2.929,54 €.

Proxecto de distribución do activo: unha vez compensados todos os resultados negativos da cooperativa, o activo final repártese entre as catro socias a razón de 732,38 €/socia.

Arzúa, 30 de setembro de 2013

Dolores Alonso Gómez
Celia Carril Souto
Mª Carmen Alonso Gómez
Liquidadoras