Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2013/81).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: r/ Rocamador, 2, 15800 Melide.

Denominación: LMTS Campos I-Campos II e CT de Campos III.

Situación: Melide.

Características técnicas:

Liña de media tensión enterrada de 895 m de lonxitude e condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×95 Al. CT de 250 kVA en caseta prefabricada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285) e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, nas cales as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña