Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2013/171-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gabadi, S.L.

Domicilio social: parcela 108, sect. I, pol. ind. Río do Pozo, 15578 Narón.

Denominación: CS e CT de 630 kVA para taller carpintaría metálica.

Situación: parc. 108, sect. I, pol. Río do Pozo, Narón.

Características técnicas: centro de seccionamento formado por 3 celas de liña. Centro de transformación composto por cela de entrada, cela de protección, cela de medida e transformador de potencia en baño de aceite, 630 kVA, 15-20 kV/420 V, grupo conexión por medio de cable 3×(1×95) mm2 XLPE (Al).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 8 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña