Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de novembro de 2013 pola que se notifica a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva (SIL/69/2013-B1), devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente no repartición (expedientes 10.15/89, 63.3/98 e 63.6/00).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 14 de outubro de 2013, ditou resolución pola cal se impón unha segunda multa coercitiva (SIL/69/2013-B1) derivada dos expedientes sancionadores 10.15/89, 63.3/98 e 63.6/00 pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da praia Area da Cruz, termo municipal do Grove (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Marta Díaz Lorenzo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución a interesada pode interpor recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística