De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse as interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11270026/2008 e 11360108/2008 (Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).
As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.
Concédeselles as interesadas un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido das interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 11270026/2008.
Interesada: María Carmen Cabaneiro Cabaneiro.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: rúa río Masma, 2 , 2º G, Foz (Lugo).
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 11360108/2008.
Interesada: Mª Julia Aida Carballo Bouzón.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Alemaña, 12, 3º A, 36162 Pontevedra.