Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación en relación con varios expedientes de subvención.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación con varios expedientes de subvención. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase os interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 12360094/2009.

Interesado: José Malvar Senra.

Último enderezo coñecido: Cuñas, 39, 36820 Ponte Caldelas (Pontevedra).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

Expediente: 12360100/2009.

Interesado: José Ramón Fernández Rodríguez.

Último enderezo coñecido: A Millareira, 49, Alcabre, 36212 Vigo (Pontevedra).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.