Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de revogación número RVO/AU/2013/00024, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a interesada cuxo último domicilio coñecido é en Chan, 26, Fontemaior, 15189 Culleredo (A Coruña), a resolución do recurso de revogación número RVO/AU/2013/00024, formulado contra as resolucións ditadas pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e polo director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Revogar as resolucións ditadas pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente 107B 2004/015-0, do 28 de febreiro de 2011, polo que se impón a Marta Diñeiro Vázquez unha multa coercitiva por importe de 1.000 euros, por incumprimento do ordenado na Resolución do 18 de febreiro de 2005 e a de data do 7 de setembro de 2011 pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva por incumprimento da Resolución do 18 de febreiro de 2005; e deixar sen efecto as multas coercitivas impostas así como as demais obrigas que deriven desta.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 10.1, letra m), da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpor facultativamente recurso administrativo de reposición, de acordo co previsto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber a interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación a interesada, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas