Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (LAP/146/2013).

Germán Mallo, S.L. solicitou licenza de apertura para taller de mantemento, reparación e venda de pneumáticos na Veiga, 27000 Santa Lucía, Santiago de Compostela (A Coruña). De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/146/2013 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

P.D. (Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela do 28.2.2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible