Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre estación base de telefonía móbil en Bouza Maior (Igrexafeita).

Francisco Sanz Monzón, en nome e representación de Vodafone España, S.A.U., solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de estación base de telefonía móbil para desenvolver na parcela nº 31 do polígono 85, sita no lugar coñecido como Bouza Maior, s/n, na parroquia de Igrexafeita. En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

San Sadurniño, 26 de agosto de 2013

Secundino García Casal
Alcalde