Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Lugo e Moaña (anticipado de gasto).

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 94/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna nos centros de día para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Lugo e Moaña, por procedemento aberto e tramitación ordinaria. (anticipado de gasto).

b) Lugar de execución: Lugo e Moaña.

c) Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación total previsto: estímase en oitocentos trinta e cinco mil vinte e dous euros con corenta céntimos (835.022,40 €) aos cales se lles engaden corenta e catro mil douscentos oitenta euros (44.280 €) en concepto de IVE, o que supón un total de oitocentos setenta e nove mil trescentos dous euros con corenta céntimos (879.302,40 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50-981 54 29 06.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.3.2.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19863

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar