A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.
c) Número de expediente: PA 93/2013.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, dos servizos de atención diúrna nos centros de día para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Vigo e Celeiro xunto cos programas comunitarios de alzhéimer do Porriño e Celeiro, vinculados, respectivamente, a cada centro, por procedemento aberto e tramitación ordinaria (anticipado de gasto).
b) Lugar de execución: Vigo e Celeiro.
c) Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2014.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento máximo de licitación total previsto: estímase en oitocentos vinte mil catrocentos setenta e oito euros con oitenta e oito céntimos (820.478,88 €) aos cales se lles engaden corenta e cinco mil seiscentos setenta e dous euros con trinta e seis céntimos (45.672,36 €) en concepto de IVE, o que supón un total de oitocentos sesenta e seis mil cento cincuenta e un euros con vinte e catro céntimos (866.151,24 €) .
5. Garantía provisoria: non.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 56 50-981 54 29 06.
e) Fax: 981 54 56 63.
f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase a cláusula 5.3.2.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo San Caetano, s/n.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19862
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013
P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar