Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013168TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 11 de outubro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2013168TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Tatiana Paratcha Beiro, con NIF 53179842-R, como titular do establecemento Café Bar Teatro.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Tatiana Paratcha Beiro, como titular do establecemento Café Bar Teatro, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCGBANCO, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 6 de novembro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013168TA-PO.

Denunciada: Tatiana Paratcha Beiro, con NIF 53179842-R, como titular do establecemento Café Bar Teatro.

Último enderezo coñecido: rúa Cuenca, núm. 82, 36700 Tui (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Disposición adicional terceira: nos centros ou dependencias en que existe a prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo do tabaco.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).